O entroido boirense recupera as súas citas tradicionais e suma novos eventos

BOIRO> O concello de Boiro traballa no deseño dun completo programa de actividades para este entroido. Conta coa colaboración da asociación de veciños da Boliña e das Peñas de Boiro que promoven actividades musicais e gastronómicas.

 O entroido arrancará en Boiro o sábado día 18 cunha das citas xa tradicionais deste programa festivo: a festa da orella de porco organizada pola Asociación de Veciños da Boliña no Campo de Revelarna que se repartirán unhas dúas mil racións do prato estrela así como outros doces e produtos típicos destas datas.

Xa pola noite continuarán as celebracións cunha festa con discomóbil na praza de Galicia, organizada pola Asociación Cultural Peñas Boiro que tamén programaron actuacións para a o mocidade o luns pola noite.

Ademais das actividades promovidas por estas entidades, o concello deseñou unha ampla programación orientada principalmente ós máis cativos. O domingo terá lugar o tradiconal desfile infantil e festa de disfraces mentres que o luns haberá obradoiros de entroido e a actuación de Peter Punk. O martes de entroido será un dos días grandes co tradicional concurso e desfile de entroido.

O programa festivo pecharase o domingo 26 cos os tradicionais enterros nas distintas parroquias: Farruco en Cabo de Cruz, Cunca de Praia Xardín, o Óso de Abanqueiro e o Felipiño de Escarabote. Como en anos anteriores, o concello poñerá un tren e animación musical con gaiteiros que percorrerá todos os enterros.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí