Un estudo constata os efectos nocivos do chapapote na saúde humana

    Bprestige.jpgARBANZA > Hai case cinco anos que o Prestige naufragaba fronte ás costas galegas, provocando un dos maiores desastres naturais da súa historia.

    Ás nefastas consecuencias no ecosistema mariño hai que engadir agora os nocivos efectos da marea negra sobre a saúde dos mariñeiros e voluntarios que traballaron na limpeza do chapapote. Un estudo realizado por un equipo de expertos toxicolóxicos detectou unha serie de problemas respiratorios nas persoas que estiveron en contacto directo co vertido de fuel.

    Nada máis coñecerse a magnitude do desastre do Prestige, miles de voluntarios se achegaron ata as costas galegas para minimiza-lo impacto do petróleo sobre a riqueza mariña. Daquela, en novembro de 2002, numerosos expertos xa advertían dos posibles efectos nocivos que podía ter o fuel sobre a sáude humana polo que se recomendaba o uso de medidas de protección nos traballos de limpeza.

    prestige_200_300507.jpgAgora, case cinco anos despois, un estudo realizado por investigadores de toda España vén constatar esa teoría coa detección de problemas respiratorios en varios mariñeiros e voluntarios que estiveron en contacto co vertido.

    Medidas de protección

    O estudo, desenvolvido entre xaneiro de 2004 e febreiro de 2005, centrouse nunha mostra de preto de sete mil mariñeiros galegos, que afirman ter dificultades para respirar, obstrución nasal e tos crónica. Os síntomas son menores nos casos en que se utilizaron medios de protección como mascarillas ou traxes especiais.

    Aínda así, o equipo responsable do estudo, dirixido polo xefe de Neumoloxía do Hospital Juan Canalejo da Coruña, Héctor Verea, recomenda que as persoas que estiveron expostas ó vertido contaminante e presenten algún destes síntomas se sometan a unha revisión médica para descartar secuelas maiores a longo prazo.

    Polo momento, aínda non está claro a evolución destes trastornos, aínda que os expertos cren posible que se vaian minimizando co paso do tempo. O que si teñen claro é que no caso de producirse un novo caso similar ó desastre do Prestige, deben extremarse as precaucións para evitara a aparición de problemas respiratorios a medio ou longo prazo.

    Redacción Barbanza