POBRA> O BNG da Pobra reclama a limpeza e posta en valor da explanada que ocupaba a antiga fábrica de La Onza de Oro, na Ribeiriña. Solicitan ademais que se acometan unha serie de melloras neste núcleo de poboación, como a regulación do tráfico e a creación dun parque infantil. A demolición da antiga nave de La Onza de Oro, no ano 2010, supuxo o inicio da rexeneración ambiental da Ribeiriña. Sen embargo, no solar agora baldeiro non de procedeu a ningunha actuación de acondicionamento polo que na actualidade está invadido pola maleza. Dende o BNG denuncian a falla de interese do goberno por poñer en valor esta zona na que podería emprazarse un espazo de lecer para os veciños. Piden ademais outras actuacións para mellorar a calidade de vida dos veciños deste núcleo, cunha regulación da circulación máis segura ou o mantemento do campo de fútbol construído na zona. Pola súa banda, dende o executivo informaron de que xa está previsto o proxecto de limpeza e recuperación da explanada do litoral que serán executados por Tragsa, dependente de Costas de Galicia, antes do verán.
Inicio Barbanza - Muros - Noia