Homenaxe o exconcelleiro da Illa de Arousa, Andrés González Pena

    Esta fin de semana celebrouse na Illa de Arousa unha homenaxe moi especial. Tratábase de despedir a Andrés González Pena, exconcelleiro do BNG neste concello que deixou o seu cargo para descansar despois de moitos anos de adicación en moi diversos ámbitos. A través dunha cea tódolos compañeiros de partido da comarca lle amosaron o seu respeto e admiración.

    Despóis de case trinta anos traballando dende o Bloque Nacionalista Galego pola Illa de Arousa, Andrés González Pena deixou o seu cargo de concelleiro. Co obxectivo de recoñecer o seu traballo e adicación, os seus compañeiros decidiron celebrar unha cea homenaxe esta fin de semana. Cunha satisfacción moi grande, Andrés veu reunidos nesa noite a  Delegada de Innovación, Industria e Comercio Montserrat Prado,  o responsable comarcal do partido e tódolos compañeiros da comarca que non quixeron deixar de pasar a oportunidade de recoñecerlle o seu labor no concello dende plataformas moi diversas tanto no ámbito económico, social, cultural como no político. Despois da cea o exconcelleiro foi agasallado cun ramo de flores e unha figura de sargadelos que fixo saltar a emoción entre os comensais. Andrés González tomarase un ano de descanso e continuará a sua militancia no partido nos vindeiros anos.

     

    Redacción Salnés