Un novo accidente na Vía Rápida do Salnés esta fin de semana se salda con tres feridos

    A rotonda de Renza de entrada a vía rápida de O Salnés entre Vilagarcía e Cambados foi o escenario esta fin de semana dun novo accidente. Un Peugeut 206 matrícula 8944- DNX saliuse da calzada cando tomaba a glorieta e tras romper as vallas de protección precipitouse polo terraplén. No interior do vehículo viaxaban tres xóvenes de 31, 22 e 28 anos. O conductor e o acompañante resultaron feridos leves mentras que o ocupante da parte traseira J.B.C resultou ferido de gravidade. O vehículo permaneceu durante tódala fin de semana no mesmo lugar onde se produxo o suceso. Esta rotonda leva rexistrado varios accidentes que resultaron cós vehiculos implicados no fondo deste terraplén.

    Redacción Salnés