Boiro e Vilagarcía entran na rede de telecomunicacións de última xeración

    R copia.jpg BOIRO/VILAGARCÍA> Algo máis de 9.400 boirenses e uns 22.600 vilagarciáns forman parte xa do Plan de Banda Larga posto en marcha entre Xunta e o operador ‘R’.

    Os municipios de Boiro e Vilagarcía xa están conectados á rede de telecomunicacións de última xeración que o operador galego ‘R’ está a despregar por toda Galicia en colaboración coa Xunta. No caso de Boiro, teñen acceso á rede de cen megas algo más de 9.400 veciños do núcleo e en breve poderán conectarse tamén os habitantes do lugar de Pesqueira. No caso de Vilagarcía son arredor de vinte unha mil as persoas que poden incorporarse a esta rede no centro da cidade e uns mil cincocentos máis no núcleo de Carril. Tamén neste caso ‘R’ ten previsto estender as conexións ás parroquias de Trabanca Sardiñeira, A Rosaleda, Sobradelo e Vilaxoán. A extensión da rede de telecomunicacións de última xeración enmárcase no Plan de Banda Larga posto en marcha pola Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica para o período 2012-2013.

    Redacción Salnés