Fole cualifica de opacas as conversas de Varela con BNG e EU para formar coalición

    VILAGARCÍA> O alcalde en funcións de Vilagarcía pide transparencia ao seu substituto. Tomás Fole criticou a opacidade coa que, ao seu modo de ver, se están a levar as negociacións entre o PSOE e BNG e Esquerda Unida. O aínda rexedor tendeu a man a Alberto Varela, tanto para o traspaso de poderes como para o funcionamento da futura corporación.

     

    Tomás Fole pide transparencia a Alberto Varela. Segundo o alcalde en funcións, as conversas que o seu sucesor mantén con BNG e Esquerda Unida para formar un goberno de coalición, están a realizarse de xeito opaco.

    Pero Fole tende a man ao socialista. O número un dos populares pide tranquilidade para o traspaso de poderes, deixando a un lado a crispación que marcou a campaña.

    Fole asegurou que onte chamou a Varela por teléfono para fixar unha xuntanza para este tránsito. Tamén, pensando no seu labor como oposición. Neste senso, criticou as declaracións do futuro alcalde, que hai días dicía que só se reuniría cos populares por protocolo e cortesía.

    O aínda alcalde defendeu a coherencia do seu equipo, xa fora na oposición ou no goberno de Vilagarcía durante estes últimos catro anos, e apuntou a que a súa prioridade son os cidadáns.

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/06xuno/04/fole_ataca_varela.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/06xuno/04/fole_ataca_varela.mp4{/flowplayer}