A VOR da o pistoletazo de saída en Sanxenxo coa regata inshore

    SANXENXO > Sanxenxo e Galicia volcáronse coa regata costeira que deu comezo o sábado á Volvo Ocean Race 2005-06. O Ericsson, de Neil McDonald, sentenciou a regata de principio a fin, deixando claro o seu liderato nesta proba.

    Segundo foi o Brasil 1, dirixido nesta regata polo galego Chuni Bermúdez. O podio completouse con Paul Cayard e os seus Piratas del Caribe.Máis de 500 embarcacións, desde pequenas esloras de apenas 3 metros a grandes unidades de máis de 15 metros, inundaron o sábado a ria de Pontevedra para poder ser testemuñas da regata Inshore, que precede á primeira etapa Vigo-Cidade do Cabo da Volvo Ocean Race.

    En terra, as seis tripulacións víronse sorprendidas por miles de afeccionados que chegaron a colapsar todo o Porto Juan Carlos I. Nesta regata costeira destacou a presencia do rei Don Juan Carlos, a bordo do Movistar, da infanta Doña Cristina a bordo do Piratas del Caribe e do Príncipe Carl Philip de Suecia.

    A saída retrasouse tres horas debido á escasa intensidade de vento, que en ningún momento superou os sete nós, e a súa inestabilidade en canto a dirección. Seis embarcaciones, das sete que tomarán a saída do día 12: ABN AMRO 1, ABN AMRO 2, Brasil 1, Ericsson, Movistar, e Piratas del Caribe, puderon comezar a regata, que con preto de 25 millas e vento de Oeste-Suroeste, os levou polos arredores da ría de Pontevedra nun percorrido de cinco tramos. Xa desde o momento da saída comprobouse como a diferencia de presión no campo de regatas sería a clave para conseguir unha plaza no podio. Os de Neil McDonal e John Kostecki, patrón para as regatas inshore do Ericson, comezaron marcando o seu ritmo desde a mesma saída.

    Menos sorte tivo o Brasil 1, de Grael – Bermudez de Castro, que saiu con problemas, ó igual que os dos dous ABN AMRO que se quedaron sen velocidade nada máis sair. Movistar, de Bouwe Bekking, e Piratas del Caribe, do oito veces campión do mundo Paul Cayard, fixeron unha discreta pero boa saída. Xa na primeira ceñida e co vento caendo en intensidade ata os catro nós, a clave estivo na búsqueda do vento que estivo frente ó Cabo de Udra.

    Tanto Ericsson, como Brasil 1 cobraron a bo prezo a súa opción táctica de achegarse á costa de Udra e ó chegar a barlovento eran primeiro e segundo respectivamente. Tercero era un rápido movistar na aproximación á boia, sufrindo o acoso do Piratas del Caribe. Os seguintes tramos non ofreceron novidades na clasificación, encabezada sempre e por máis de tres minutos de diferencia, polo sueco Ericsson.

    As  sorpresas viñeron no último dos tramos. O Ericsson cedeu algúns metros pero firmou o seu liderato, seguido polo Brasil 1. Tras eles, o movistar viuse sorprendido por Paul Cayard e os seus Piratas del Caribe, que sobrepasaron ós do movistar a escasos metros da liña de chegada. Pecharon a clasificación os ABN AMRO 2 e 1.

    Redacción Salnés