Ulla Umia presenta o estudo para mancomunar a recollida de lixo

    reunion_louzan_vazquez100.jpg PONTEVEDRA> Os concellos da comarca do Ulla Umia gastan ó ano un total dun millón de euros na recollida de lixo.

    {flowplayer}images/salnes/louzan_recibe_mancomunidade_ulla.flv{/flowplayer}

    PONTEVEDRA> Os concellos da comarca do Ulla Umia gastan ó ano un total dun millón de euros na recollida de lixo. Un custe excesivo que se podería rebaixar mancomunando o servizo, e nesto traballa a Mancomunidade.

    Segundo o estudo feito pola Mancomunidade Ulla Umia, a rebaixa do servizo pasa por recortar o número de camións, pasando dos 9 actuais a 5, e tamén o persoal que ten cada concello, deixando só os traballadores fixos e recolocando os eventuais noutros servizos. Pero, sobre todo, buscan reducir o prezo pola xestión dos residuos na planta de Sogama.

    Roberto Vázquez reuniuse esta mañá en Pontevedra co presidente da Deputación para amosarlle o estudo feito pola Mancomunidade Ulla Umia. Rafael Louzán comprometeuse a estudialo, tendo en conta que a Deputación ten intención de promover esta medida con máis concellos da provincia.Vázquez cre que, alomenos, na súa comarca, sairá adiante.

    Vázquez e Louzán tamén falaron da canceira da Mancomunidade do Salnés. O presidente da Deputación comunicoulle que convocará este mes ós alcaldes da provincia e que pronto haberá acordo para que todos poidan participar nesta canceira.

    Redacción Salnés