Vilagarcía ‘sofre’ outro 16 de agosto sen a festa da agua

VILAGARCIA> Outro ano máis Vilagarcía non puido gozar da súa tradicional festa da auga. As aglomeracións e os camións de bombeiros doutros anos contrastan coa tranquilidade vivida no día de hoxe. A veciñanza vota de menos a súa gran celebración.

Un dezaseis de agosto normal en Vilagarcía este sería o ambiente que nos atoparíamos: rúas cheas de xente, camións de bombeiros e sobre todo auga, moita auga, tanto nas rúas como nos balcóns. Pero a imaxe deste ano foi completamente diferente, con xente transitando con normalidade polas rúas. A veciñanza de Vilagarcía vota de menos a súa gran celebración.

E é que tanto para os vilagarciáns como para as miles de persoas que cada ano visitan Vilagarcía para mollarse, o día de hoxe sen festa foi moi complicado.

A pesar da ausencia dos pratos fortes de San Roque, como a Auga ou o combate naval, as festas inclúen unha ampla oferta cultural. Aínda así, a situación actual dificulta que a xente goce como noutras ocasións.

En lugar dos bombeiros, foron os pasacalles os que animaron as rúas de Vilagarcía. En plena celebración do festiclow, a vila contou hoxe coas actuacións de Somdolilá, troula animación e a fundación Tchyminiagua.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí