Máis 1600 sinaturas para esixir o novo centro escolar de O Revel

    sinaturas_ceip_cruceirocopy.jpgSANXENXO> Membros do Consello Escolar do CEIP Cruceiro, en Vilalonga, entregaron o documento esta mañá no rexistro do concello.

    {flowplayer}images/salnes/SINATURAS_CONCELLO_COLEXIO_REVEL.flv{/flowplayer}

    Cinco anos levan agardando os alumnos do CEIP Cruceiro, en Vilalonga, polas novas instalacións do Revel. Despois de sendas protestas, coma esta que se producía en marzo, esta mañá membros do Consello Escolar presentaron no concello máis de 1600 sinaturas a favor de que se constrúa o novo centro.

    Pero o compromiso que xa adquiriran coa Consellería é que este mes lles ían presentar o proxecto básico no que agardan estean incluídas as súas alegacións dirixidas a unha reorganización dos espazos.

    A partires de aqui todavía quedaría o proxecto de execución que, segundo lles informaron desde a Xunta, será como mínimo dous anos. Un tempo que consideran excesivo pero polo que seguirán loitando xa que, confesan, o deterioro do centro é máis que patente e, ademais, está repercutindo directamente sobre a calidade educativa dos alumnos do centro.

    De non surtir efecto estas protestas, e cos cambios que se van producir na corporación, desde a ANPA xa teñen previsto concertar unha xuntanza co futuro goberno local.

    Redacción Salnés