Ferrocarrís afirma que as obras do viaduto do Ulla non afectan á ría

    viaducto_ulla_reunion100.jpgPONTEVEDRA> As obras do viaduto do TAV que se están a construír no río Ulla, en Catoira, non están a afectar á produción marisqueira da zona.

    {flowplayer}images/salnes/viaducto_ulla.flv{/flowplayer}

    PONTEVEDRA> As obras do viaduto do tren de alta velocidade que se están a construír no río Ulla, á altura de Catoira, non están a afectar á produción marisqueira da zona. Así o constatan os continuos controis que se lle están a facer ás augas, tal como llo comunicaron os responsables da Dirección Xeral de Ferrocarrís ós representantes das confrarías da ría de Arousa e da asociación de Parquistas de Carril.

    No encontro, celebrado esta mañá na Subbdelegación do Goberno en Pontevedra, os parquistas advertiron que están a ter problemas no crecemento da cría de ameixa. Nesta reunión, os parquistas de Carril solicitaron un control de sedimentación, algo que aceptou a Dirección Xeral de Ferrocarrís. Pese a non ter responsabilidades de Carril para abaixo, o organismo estatal está disposto a colocar aparatos sofisticados nos fondos dalgúns parques, se os seus responsables están de acordo. O subdelegado do Goberno Delfín Fernández insistiu en que a obra do viaduto do Ulla está a ser exemplar.

    Arestora Vilagarcía acapara boa parte do volume de obras do Tren de Alta Velocidade. Amais da ponte do Ulla estanse a facer túneles en Bamio e desde a Subdelegación aseguran que se manteñen contactos permanentes cos veciños afectados. En canto ós prazos, Delfín Fernández, afirma que se cumprirá o compromiso de Fomento de rematalo en 2012.

    A de hoxe foi a terceira reunión celebrada entre as confrarías e parquistas coa Dirección Xeral de Ferrocarrís. Hoxe tamén participou un representante da Consellería do Mar e por parte do Concello de Vilagarcía o edil de Xestión do Territorio Marcelino Abuín.

    Redacción Salnés