![]()
CAMBADOS > O alcalde de Cambados explica que plantexou á Conselleira de Vivenda a construcción de vivendas novas no Barrio de San Francisco. José Manuel Cores Tourís sinalou que este proxecto, a longo prazo, foi ben acollido por Teresa Táboas. A intención do goberno cambadés é construir vivendas sociais en mellores condicións para os veciños das coñecidas como Casas Baratas.
O alcalde de Cambados dirixiu duras críticas ó BNG local e á directora xeral de Fomento e Calidade da Vivenda, que o pasado mércores se reuniron cos veciños do Barrio de San Francisco. Vivenda e Solo volveu ratificar esta fin de semana a súa intención de seguir financiando a rehabilitación desta zona, incluída na Área de Rehabilitación Integral de Cambados. A consellería considera esencial preservar barrios como este. Sen embargo, o goberno local insiste na renovación total destas vivendas.
Cores Tourís explicou que na reunión que mantivo con Teresa Tásboas incluso se falou de reubicar a algúns propietarios en vivendas sociais noutros puntos do concello. O rexedor cambadés asegura que nesa xuntanza foi ben visto pola conselleira, tendo en conta que se o proxecto sae adiante deberá ser aprobado pola Xunta. O alcalde de Cambados non entende logo a visita e as verbas da directora xeral de Fomento e Calidade da Vivenda, Encarna Otero. A reunión cos veciños foi convocada polo BNG local e o rexedor cambadés cre que detrás só hai intereses partidistas. Cores Tourís criticou tamén o silencio do PSOE neste asunto e pregúntase se os edís socialistas apoian ou non a intención do BNG.
Redacción Salnés









