VILAGARCÍA > O Salón de Ocio Infantil e Xuvenil, Galinfancia, está dende o primeiro sábado de Decembro aberto á diversión. Os rapaces poderán disfrutar de camas elásticas, unha pista de xeo sintético ou unha piscina navegable. Moitos xogos e atraccións en Fexdega ata despois do día de Reis.
Galinfancia abriu o sábado día 3 de Decembro as súas portas cunha vintena de xogos e atraccións para nenos a partir dos 2-3 anos de idade. A principal é unha pista de xeo sintético integrada nun cercado de 400 metros cadrados, moi semellante ás de xeo auténtico pero que non precisa de máquinas enfriadoras, o que evita ó ruido dos motores e o frío do entorno, ademáis de ser máis seguro para os patinadores principiantes.
Nesta quinta edición, a Fundación Deportiva Municipal aportará campos de minibasket, microfutbito, floorball e trikers –ou coches de pedais-, así como xogos xigantes de xadrez, damas, parchís e conecta catro. Tamén hai máis hinchables, para distintas idades. Ademais, o salón conta cun campo de fútbol 3, unha piscina navegable, un circuito de coches de pedais ou quads, entroutras atraccións. No hall do recinto foron instaladas distintos tipos de xogos recreativos que funcionan co uso de moeda, ademáis de postos de merenda e chucherías.
Galinfancia abre de luns a xoves, de 11 a 2 e de 4 a 8 e os venres, sábados e domingos ata as dez da noite. Pechará os días 24 e 31 deste mes e o un e 5 de xaneiro. Os días de Nadal e Reis abrirá polas tardes, de 5 a 10. A entrada custará 3 euros, anque coa compra de entradas infantís, os adultos pagarán só dous euros. O pase de 45 minutos na pista de patinaxe custará outros 4 euros, incluíndo o aluguer de patíns.
Redacción Salnés