SANXENXO > A comisión de Asuntos Xerais de Sanxenxo debaterá as dúas normativas que o luns irán a pleno. O reglamento de Protección do Medio Ambiente, Limpeza Pública e Recollida de Lixo e a ordeanza sobre ruídos e contaminación acústica.
O obxectivo desta é aumenta-la calidade ambiental e o nivel de vida dos veciños e visitantes. Para iso recolle medidas de prevención de ruidos que deben incluír tódolos proxectos de obras e instalacións, espectáculos ou incluso o tráfico e as sancións que se imporían en caso de incumplilas. A ordeanza divide o concello en zonas segundo a súa sensibilidade acústica, a clasificación dos establecementos e o manual de procedemento para as medicións.
Pola súa banda o reglamento de Medio Ambiente, Limpeza e Recollida de Lixo incorpora varias melloras sobre o que xa existía, algunhas tan chamativas como a prohibición de orinar ou escupir na vía pública.
Esto penaríase con 90 euros, anque se o infractor reincide tres veces no mesmo ano consideraríase unha falta grave e tería que pagar 300 euros. Ademais o reglamento obriga ós donos dos quioscos, terrazas, ou postos de venda ambulante a limpa-la vía pública cando llo pida a policía municipal, e prohíbe botar nos contedores de lixo cascallos, mobles ou animais mortos.
Redacción Salnés