A ampliación da gardería de Ribadumia rematarase en setembro

    garderia100.jpgRIBADUMIA> A ampliación da gardería de Barrantes, en Ribadumia, rematarase para setembro ou outubro como estaba previsto.

    {flowplayer}images/salnes/garderia.flv{/flowplayer}

    RIBADUMIA> A ampliación da gardería de Barrantes, en Ribadumia, rematarase para setembro ou outubro como estaba previsto. A alcaldesa Salomé Peña visitou esta mañá as obras e constatou a boa marcha dos traballos, polo que confía en cumprir coas previsións.

    Con esta actuación, a gardería contará con dúas novas aulas, unha para nenos de 0 a 1 anos, e outra para os de 1 a 2. A gardería de Barrantes ten agora capacidade para 74 nenos de 0 a 3 anos e dispón de cinco aulas. Ultimamente estaban a ter problemas para atender tódalas peticións de praza, sobre todo para os bebés que nacían na segunda metade do ano, polo que desde a dirección aplauden esta ampliación.

    O Concello está a investir nesta actuación 125 mil euros. A ampliación implicará tamén a contratación de dúas mestras en educación infantil. Arestora traballan no centro cinco profesoras, unha persoa de apoio e outra máis que se encarga da cociña e da limpeza.

    Redacción Salnés