PONTEVEDRA > Pontevedra inaugurou a Feira de Artesanía e Agasallos PONTENADAL. Máis de corenta casetas de distintos comercios, asociacións e ONGs que estarán abertas ó público na Praza de Teucro ata o vindeiro día 5 de xaneiro.
O alcalde de Pontevedra, Fernández Lores, daba por inaugurada esta mañá a quinta edición de Pontenadal acompañado pola vicepresidenta da Deputación, Teresa Pedrosa, mailo presidente do Centro Comercial Urbano, Ernesto Filgueira. Coa súa presenza apoiaron esta feira de artesanía e agasallos na que se pode atopar dende xoais, a chapas pasando por malabares ou simpáticos contacontos.
Pontenadal eríxese como oportunidade para adquirir os agasallos especiais que, en ocasións resulta difícil atopar noutros sitios. A feira permanecerá aberta na praza de Teucro en Pontevedra ata o vindeiro 5 de xenairo de 11 a 2 da tarde e de cinco a dez da noite tódolos días excepto o día de Nadal mailo de Aninovo.
Redacción Salnés