Os obradoiros de emprego de Poio restaurarán a casa da futura gardería municipal

    POIO > Preto de corenta persoas participarán no segundo obradoiro de emprego que se desenvolverá no concello de Poio a partir do día 30. Os traballadores seleccionados terán unha dobre misión: formarse nos módulos de carpintería, cantería e xardinería e restaurar unha importante casa familiar que albergará a futura gardería municipal.

    visitapoio2300161205.jpgA casa de Rivas sita en Andurique na parroquia de San Salvador encarna unha lenda moi coñecida por todo o lugar. Crese que neste lugar viviu o famoso  pirata Benito Souto. O concello adquiriu este lugar para  albergar a futura gardería municipal. Nos seus terreos, máis de 20.000 metros,  crearáse unha gran urbanización cunha gran zona axardinada. Os encargados de rehabilitar este lugar serán os traballadores dun Obradoiro de Emprego no que participarán arredor de 40 persoas desempregadas.

     

    O obradoiro créase a través dun convenio coa Consellería de Emprego que ten como obxectivo a inserción laboral dos desempregados do concello. A administración autonómica aportará 720.000 euros para un traballo que se desenvolverá o longo do ano 2.006.

     

    A formación desenvolverase nas instalacións do Centro de Promoción a Reiboa sito no lugar da Seca. Alí os compoñentes deste obradoiro poderán instruírse en cada un dos módulos elixidos para poñelo na práctica na antiga casa,  no piorno e no xardín.

    Redacción Salnés