NOIA> O BNG presentou unha batería de emendas ós orzamentos da Xunta para a comarca de Muros Noia. Destacan as partidas destinadas ó saneamento da ría e ó sector do mar así como investimentos para a mellora dos servizos básicos e a conciliación.
O saneamento e a rexeneración da ría ocupan boa parte das emendas presentadas polos nacionalistas. A mellora ne rede de Outes ou a rexeneración das Xunqueiras de San Lázaro inclúense nunha emenda global de 25 millóns preo a maiores o BNG propón partidas específicas para a recuperación dos bancos marisqueiros da ría.
No bloque se servizos básicos e infraestruturas, os nacionalistas propoñen a reforma integral da Avenida de Fisterra en Outes no marco dunha partida flobal de dez millóns así coo a mellora e mantemento das pontes de Ceilán e Pontenafondo e a remodelación da praza de abastos de Muros. Demandan tamén unha serie de actuacións para favorecer a conciliación como a redacción dos proxectos de escolas infantís en Noia e Outes ou a construción dun comedos escolar no colexio noiés Rodríguez Cadarso. No eido cultural propoñen un plan plurianual para a rehabilitación da casa da cultura Avilés de Taramancos para acoller o museo de laudas gremiais.