Programación especial de Nadal en TVSB

Durante o Nadal TVSB emite unha programación especial  para unhas datas tan entrañables e sinaladas coma estas. TVSB dá paso a novos contidos pensados para toda a familia, onde o cine, as series e a animación se encargan de entreter ós espectadores. De luns a venres de Nadal:
 
Para comezar a tarde de luns a venres, entre os seres máis diminutos e os máis grotescos xigantes, TVSB ofrece ós máis pequenos da casa unha das historias clásicas máis famosa, As viaxes de Gulliver. Unha serie de animación que nos acompañará cada tarde ás 16:00, trasladando a pequenos e maiores a un mundo máxico durante todas as festas.

Logo continuaremos co xa consolidado programa de zapping KAOS, un espazo que nos ofrecerá un entretido resumo co máis destacado do panorama televisivo.

E xa para finalizar a tarde temos unha proposta inigualable: cada día ata o vindeiro 6 de xaneiro, a acción, o drama e a comedia do mellor cinema internacional chega ás súas pantallas. Actores e actrices poñerán un toque de cor e entretemento para toda a familia nunhas datas tan sinaladas coma estas. A mellor forma para despedir este ano 2005 e dar a benvida ó 2006.

Programas especiais en Nadal de luns a venres:

16:00  As viaxes de Gulliver

17:30  KAOS

18:30 Cinema de Nadal


Os filmes que se emitirán cada tarde durante este Especial Nadal son:

21 de decembro 2005: Un Golpe de Suerte
22 de decembro 2005: En el Amor y en la Guerra
23 de decembro 2005: Navidades en casa
26 de decembro 2005: Golpe Directo
27 de decembro 2005: Mente Asesina
28 de decembro 2005: Lo quiero de vuelta
29 de decembro 2005: Guiando al Corazón
30 de decembro 2005: Maggie, una Niña Invisible
2 de xaneiro 2006: Dulces Mentiras
3 de xaneiro 2006: Irmáns de Sangue
4 de xaneiro 2006: Un Conto para Jenny
5 de xaneiro 2006 : A Illa do Tesouro
6 de xaneiro 2006: El Pequeño Cobra

 
Fins de semana:


Pero TVSB non quere deixar cabos soltos. Por iso as tardes da fin de semana seguirán sendo moi especiais, e por suposto divertidas, con dúas series nacionais cinco estrelas: Hermanas, onde as monxas do convento de San Damián séguennos contando como lles vai a vida dentro e fóra del. E Señor Alcalde que nos mergulla nas aventuras da alcaldía da vila Encinar de la Torre e os problemas ós que se enfronta o seu edil. Ademais, combinamos a serie de ficción, con programas de produción propia de recoñecido éxito como son Más que coches e Caso Público. Con todo iso a parrilla para o fin de semana quedará configurada do seguinte xeito:

Programación especial de Nadal na fin de semana:

16:00 Hermanas

17:30 Más que coches // 17:30 Caso Público

18:30 Señor Alcalde

TVSB DESÉXALLES UN BO NADAL CONNOSCO!!