Zona Aberta de Vilagarcía conta cunha zona lúdica para os máis pequenos

    VILAGARCÍA > Vilagarcía conta este Nadal cunha zona lúdica para os máis pequenos. A asociación de comerciantes Zona Aberta e o concello habilitarón a praza da peixería para que os pais poidan deixar os rapaces mentras fan as súas compras. Alí, monitores especializados desenvolveran diversas actividades para pasar unha tarde moi divertida.

    Dende as cinco da tarde ás sete e media a praza da peixería estará aberta ós máis cativos. A asociación de comerciantes Zona Aberta organizou unha zona lúdica para que os pais e nais poidan facer as compras de nadal con toda a tranquilidade xa que os seus fillos estarán a cargo de monitores especializados.

     

    Durante a tarde os rapaces poderán facer talleres de maquillaxe, globofexia, contacontos, pintar, manualidade, aprender os xogos tradicionais  ou bailar coa mascota de Zona Aberta.

    A entrada dos rapaces para os clientes das tendas asociadas a Zona Aberta será gratuíta presentando un vale do establecemento. No caso de que ou ben  non se merque ou se merque nos comercios non asociados a entrada será de dous euros. O diñeiro recadado irá destinado a unha asociación benéfica. Unha zona de ocio na que os rapaces se divirten.

    Redacción Salnés