VILANOVA > Aínda que esta fin de semana os xogadores profesionais tiveron descanso por vacacións o deporte non parou o día de Noiteboa. Disputábase o Primeiro trofeo de Nadal organizado polo Clube San Miguel de Deiro en colaboración do Concello de Vilanova. O partido enfrontaba o Deiro có Chispa, os visitantes foron os vencedores do encontro.
En categoría sénior o Chispa, de terceira rexional, impúxose o Deiro cun resultado de dous goles a cero. Aínda que o encontro comezou moi igualado os dous equipos tiñan nas súas cabezas a cea de noiteboa. Os visitantes adiantáronse no marcador cun gol en propia meta do Deiro. Malia os intentos de igualalo resultado dos locais marcharon o descanso cun tanto na súa contra. Na segunda parte o Chispa sentenciou o partido co segundo e último gol do encontro. Despois de suar a camiseta o concelleiro de deportes Alejandro Costa entregou as medallas e o trofeo os gañadores esperando que o vindeiro ano sexa máis favorable para os seus.
Redacción Salnés