Agnusdei e Rasoeiro complícanse a permanencia

balonman250_240209.jpgSALNÉS> Xornada aciaga para os equipos do Salnés. Rasoeiro e Albariño Agnusdei caeron amplamente nos seus respectivos compromisos complicándose así a súa permanencia en Primeira Autonómica.

Contundente derrota a colleitada polo Rasoeiro na súa visita ó Rosal, á pista do Atlético Novás (35-25). Un resultado demasiado abultado para os méritos duns e outros, aínda que ben é certo que a segunda metade do cadro meco foi das peores que se lle recordan esta temporada.

A primeira parte transcurríu baixo unha tónica de igualdade, aínda que foron os locais os que acadaron as primeira rentas, eso sí, nunca superiores ós tres goles. Pero o Rasu foi quen de darlle a volta ó electrónico para irse ó descanso con vantaxe, a partir dun xogo combinativo e de rápidas transicións. Tralos primeiros trinta minutos, 14-16.

Pero o descanso non lles sentou nada ben ós de Jaime García que saíron relaxados. Pola contra, os xogadores do Novás empregáronse a fondo neses primeiros minutos do segundo tempo, sairon enchufadísimos e acadaron un parcial de 7-1 que foi decisivo. Os grovenses baixaron a concentración, comezaron a cometer erros e as diferencias foron aumentando ata os dez goles finais.

O mesmo guión repetíuse no pavillón de Coirón co partido entre Albariño Agnusdei e Tirso Molina. Primeira metade moi equilibrada, chegouse ó descanso cun incerto 13-14, pero segundo tempo para esquencer.

O parcial de saída do equipo visitante foi de 0-9 e as diferencias fóronse ós dez goles, demasiado marxe como para remontar en apenas quince minutos. Os meañeses estiveron lentos e a mercede dun rival que matou o partido ás contras.

Con estes reultados o Agnusdei é penúltimo na xeral, con tan só unha victoria en seis partidos e a dúas da salvación, que agora marca o Rasoeiro con tres victorias e tres derrotas, e que visitará a semana que ven ó Tirso Molina. Os meañeses voltarán a xogar en Coirón ante o colíder desta fase de permanencia, o Guardés.

Redacción Salnés