Continúan as representacións teatrais para nenos en Vilagarcía

    VILAGARCÍA > O ciclo de actividades para nenos continúa durante este Nadal en Vilagarcía con dúas representacións teatrais. O auditorio municipal acolleu ‘Moby Dick’ da compañía Quinquilláns e  ‘Edelmiro segundo e o dragón guerreiro’.

    Un dos propósitos da concellería de cultura de Vilagarcía de Arousa para estas datas é introducir os máis cativos na cultura do teatro. Deste xeito o Auditorio municipal acolle estes días representacións adaptadas os máis pequenos. Unha das  representacións a desenvolve a compañía de teatro Os Quinquiñáns, trátase de ‘Moby Dick’. O espectáculo comeza cando o capitán saíu do porto coa súa tripulación e enfróntanse a unha gran balea. Moby Dick é nesta ocasión o heroe da obra.Pola súa banda a compañía Teatro Andamio representará ‘Edelmiro II e o Dragón guerreiro, unha gran comedia no que pequenos e maiores non poderán conter a risa. A obra fala das peripecias de Edelmiro elixido por aclamación popular novo rei da Fofa, que ademais de ter diploma de rei é  o auténtico rei do xamón. O novo monarca terá que facer fronte a ameaza dun temible dragón.

    Redacción Salnés