Presentada a cuarta edición do Ultratrail do Barbanza

RIBEIRA> Esta mañá presentábase a cuarta edición do Ultratrail do Barbanza. A proba disputarase o sábado trinta de abril. A carreira organizada, pola asociación Arousa Natureza e Ocio en colaboración co propio concello ribeirense, terá dúas distancias alternativas: unha de sesenta quilómetros, no percorrido máis longo, e outro de trinta e cinco, no seu traxecto curto. As inscricións na proba poderán realizarse ata este próximo domingo, a través das webs: www.arousa.com ou www.ultratraildobarbanza.com. O prezo será de vinte e cinco euros para a distancia de sesenta quilómetros e de quince para a de trinta e cinco.