A Xunta Local de Seguridade resta importancia ós últimos actos vandálicos

    VILAGARCÍA > O subdelegado do Goberno, Delfín Fernández, chegaba a primeira hora da mañá do luns á Comisaría da Policía Municipal do concello. Trala visita reuníase co rexedor Vilagarcián e valoraban a situación da seguridade no municipio. Unha seguridade posta en tela de xuízo nos últimos días polos actos vandálicos cometidos por menores.

    xuntaseguridadelocal_300_26.jpgO máis recente acontecía na madrugada do domingo co destrozo dos retrovisores de varios vehículos estacionados na rúa e maila máquina comecartos dun establecemento. Uns actos que, o alcalde critica pero que cre que non rompen as positivas estatísticas de seguridade cidadá do municipio.

     

     

    Atendendo ós últimos acontecementos, moitos destes actos, Gago achacounos á movida nocturna e á problemática do botellón. Un asunto que debe ser abordado dende a educación, dixo.

     

     

    Delfín Fernández incidiu en que os últimos actos de vandalismo non son representativos da tendencia xeral, e falou dun alto índice de esclarecemento de delictos e faltas acadados polos corpos de seguridade. Uns grupos que, insistiu, se están vendo reforzados:

     

     

    Durante a reunión acordaron tamén reasignar certos tramos de estrada que serán competencia da Garda Civil e avaliaron o estado do seu cuartel. Unhas instalacións que serán remodeladas a partir de 2007 previa aprobación do proxecto e licitación da obra en 2006.

    Redacción Salnés