RIBADUMIA>O kayakista de Vilaboa Antonio Palmas na individual e os Clubs de piragüismo Cidade de Pontevedra e O Muíño de Ribadumia na xeral copan un ano máis o podio da vixésima Baixada do Umia. A proba, este ano tamén Campionato Galego de Ríos e Travesías, contou con máis de 200 padexeiros, entre eles o presidente da Deputación de Pontevedra, que realizou o descenso fóra de competición nun K-2. Antonio Palmas tenlle o pulso tomado á Baixada do Umia, unha proba que domina á perfección e esta vixésima edición volveuno a demostrar asinando o seu terceiro triunfo consecutivo na individual e igualando con catro título ó luso Artur Pinto, ata agora máximo vencedor da proba. O kayakista do Piragüismo Vilaboa percorreu en 59 minutos 54 segundos os catorce quilómetros que separaban a praia fluvial de Portas da meta en Cabanelas. Xusto detrás del, un compañeiro club, Brais Sánchez, e en terceira posición, Mauro Pazos, levando así o Piragüismo Vilaboa o podio completo en K1. As condicións do Umia foron do máis favorables, cun caudal máis abondoso do que se agardaba e polo que baixaron os máis de 200 deportistas que tomaron parte na competición, este ano tamén Campionato Galego de Ríos e Travesías. Centos de persoas animaron desde as beiras convertendo á cita nun éxito. Nas demais categorías, os primeiros postos foron para Raquel Rodríguez en Muller C1 Sénior e Antía Jácome en Muller C1 Cadete polo Cidade de Pontevedra. Do Náutico O Muíño María Rojo fíxose co Muller K1 Sénior. Os mecos do Breogán colmaron o C1 Sénior (Miguel Fernández), o C1 Júnior (Sergio Meis) e o Muller K1 Xuvenil (Sara Bravo). Do Piragüismo Illa, Antía Santiago venceu en Muller K1 Cadete e David Mochales en C1 Cadete. O liderato en K1 Júnior foi para Iago Monteagudo, do Naval de Pontevedra, e en K1 Cadete venceu Adrián Prada, do Fluvial O Barco. Fóra de podios e de competición, entre os deportistas que baixaron o Umia atopabamos unha cara coñecida. A nota curiosa da xornada: o presidente da Deputación de Pontevedra, que fixo o percorrido subido nun K2 xunto a outro veterano do club anfitrión, Pejete. Na xeral, os Clubs Piragüismo Cidade de Pontevedra e o Náutico O Muíño de Ribadumia volveron a repetir primeiro e segundo posto respectivamente, seguidos en terceiro lugar do Piragüismo Vilaboa. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/06xuno/16/DESCENSOUMIA.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/06xuno/16/BAIXADA_UMIAOK.mp4 {/flowplayer}
Inicio Deportes