Os valeiros do Ulla comezaron a campaña da lamprea

    PONTECESURES> Chámanlle a princesa do Ulla, non se trata de ningunha persoa senón dun prezado peixe. Durante estes días quince embarcacións traballaran duro para conseguir o máximo de lampreas posibles. Teñen que darse presa xa que  a lamprea adulta volve os leitos  dos ríos só para desovar, unha vez feita a reproducción vai perdendo peso ata que chega a morte do animal.

    Son as catro da tarde do primeiro día de campaña. Todos os valeiros están ansiosos por saír en busca da ‘princesa moura enfeitizada’ do Ulla,  aínda que primeiro hai que reparar as nasas que non se utiliza dende o pasado ano. Agora é  o arte Butrón, antes utilizábase a tallada  o  fino de valo  e os remos para manobrar.Hoxe os motores fan a tarefa máis  levadeira.

    Hai máis de douscentos anos que os valeiros de Pontecesures sucan o Ulla en busca da lamprea. Na década dos cincuenta eran máis de 200 e 300 embarcacións. Hoxe son só quince. En aquela época a maioría das familias do Porto vivían deste peixe, e daba de comer a todo o pobo, hoxe é un manxar de xente podente. Aínda que sigue quedando algo de artesanal neste arte, as nasas están feitas polos mesmos pescadores, eles atan as maias e poñen os aros. Unha vez rematadas embárcanse é as votan o río a tan só cincuenta centímetros do fondo.

    Unha vez no fondo deixan as nasas durante vinte ou vinte e dous horas, o día seguinte volven a recoller as lampreas capturadas. Despois manteñen o peixe vivo ata a venda que a realizan entre os establecementos e mercados onde se oferta este producto. A lamprea só se pesca en dous ríos en Galicia, no Miño e no Ulla e se consume no norte de Portugal e nalgunhas zonas da nosa comunidade. Aínda que os dereitos dos pecadores non son os mesmos. Os valeiros do Ulla levan reclamando que a profesión se iguale en todas as zonas. Nesta campaña a Consellería lles concedeu parte das súas peticións.

    O concello está con eles e ainda que non  conseguiron todos os puntos que reclamaban a Consellería estudiará esta posibilidade na vindeira campaña . O importante é que este arte tan antigo non desapareza da tradición cesureña.

    Redacción Salnés