A Policía Local de O Grove conta con novo equipamento de precisión

    equipospoligrove_100_140307.jpgO GROVE > A policía local de O Grove conta desde hoxe cuns novos equipos. Trátase de dous equipos de sonometría, un alcolímetro…

    …e tres equipos informáticos, todos de última xeración. A principal novidade é a posibilidade de usar o sonómetro para realizar medicións do ruído producido polo tráfico ridado, unha demanda dos veciños dende hai tempo.

    A concelleira de seguridade cidadana do Grove, Ana Isabel Domínguez, presentou hoxe os novos equipos cos que conta a Policía Local da vila. Son dous equipos informáticos completos que xa se están a utilizar desde o pasado mes de febreiro, e un ordenador portátil; ademáis de un alcolímetro de última xeración e dous sonómetros de precisión. Domínguez mostrou a súa satisfacción por estas adquisicións.

    Material

    O corpo da Policía local xa contaba con este tipo de ferramentas aínda que como asegurou Ana Isabel Domínguez, as medicións non eran todo o axustadas que debería, e por iso se tomou a decisión a adquirir este novos equipos, moito máis precisos. Sen dúbida o máis destacable son os novos sonómetros que permiten atender unha demanda dos cidadáns, a do control do ruído producida polo tráfico rodado na vila, e que teñen un custo de arredor de 18.000 euros.

    Ana Isabel Domínguez anunciou xa a adquisición de outras ferramentas de traballo complemetarias para os efectivos da Policía Local, como son lanternas individuais e luvas anticortes personalizadas, para ganrantir a seguridade dos traballadores.

    Redacción Salnés