Preocupación entre os comerciantes que fan descontos antes das rebaixas

    SALNÉS > Os pequenos comerciantes da comarca están a amosar a súa preocupación pola incipiente tendencia a facer descontos antes da época de rebaixas en determinados comercios. Os presidentes de Zona Aberta de Vilagarcía e de Zona Centro de Cambados fan un chamamento a estes comerciantes para que agarden a poñer as rebaixas a canda o resto.

    O ano pasado non eran tantos, pero este ano aumentou o número de comerciantes que optaron por facer algún tipo de desconto ós seus clientes antes da época oficial de rebaixas. Unha actitude que dende as asociacións de comerciantes consideran competencia desleal.

     

     

     

    Dende as asociacións de comerciantes coinciden en que se trata dun problema denunciable do que en primeiro termo se debera encargar a administración de penalizar xa que, inicialmente, non pensan denunciar a ningún socio.

     

    En calquera caso fan un chamamento á unidade de tódolos socios para que eviten facer estes descontos, que tildan de ‘rebaixas encubertas’ e que prexudican a todos.

    Redacción Salnés