Viaxe de aprendizaxe entre adegas e bateas

     O SALNÉS> Os alumnos do Basque Culinary Center visitan hoxe e mañá Galicia. En concreto están a coñecer diversas adegas da D.O. Rías Baixas.

    {flowplayer}images/salnes/VISITA_BASQUE_CULINARY_290413.flv{/flowplayer}
     
    Adegas e bateas centran estes días a axenda da viaxe de aprendizaxe dos alumnos do grao de Gastronomía e Artes Culinarias da Facultade de Ciencias Gastronómicas Basque Culinary Center. Nesta viaxe buscan completar a súa formación académica, ver e aprender ‘in situ’ aspectos relacionados cos produtos, a cociña, as técnicas culinarias e a cultura gastronómica galega.
     
    A viaxe comezárona no Salnés, con visitas a diversas adegas da D.O. Rías Baixas, como Martín Codax, Pazo Baión, Pazo de Señoráns, Agnusdei e Mar de Frades. E continuarana nas subzonas do Rosal e O Condado, con paradas nas adegas Terras Gauda, Valmiñor, Lagar de Fornelos e La Val. Ademais de adegas, nesta viaxe incluíron visitas a bateas, cetáreas, un matadeiro, a lonxa de Cambados e os institutos mariños CIMA e INTECMAR. Esta noite asistirán a unha cea showcooking na que terán ocasión de cociñar cos cociñeiros do grupo Nove.
     
    Redacción Salnés