Sanxenxo podería recibir o polígono de Nantes en Semana Santa

    conveniopoligono copia.jpg SANXENXO> Sería unha recepción provisional, xa que o concello calcula que para entón podería estar garantido o subministro eléctrico e de auga.

    {flowplayer}images/salnes/CONVENIO_SUBESTACION_SANXENXO.flv{/flowplayer}

    Un momento moi esperado. Así definiu a alcaldesa de Sanxenxo a sinatura do convenio con Unión Fenosa que permitirá construír a subestación eléctrica qeu dará subministro ó polígono de Nantes. Dáse así un impulso decisivo á urbanización do parque, e con el aceléranse os prazos para que o concello poida recibir a obra. Con toda probabilidade, en Semana Santa.

    González lembrou que o parque empresarial de Nantes é un solo urbano de desenvolvemento privado, co que a xunta de compensación ten un contrato cunha empresa tamén privada para a urbanización do entorno. Sen embargo, e por cuestións alleas ó concello, o aval de resposta da execución desta urbanización antepúxose perante a administración local. Un trámite que dificultou a concreción da fórmula coa que dotar de electricidade ó lugar.

    Outra das cuestións que dificultaron a busca desa solución é que o proxecto para o que Unión Fenosa xa ten licenza no só dá servizo ó parque empresarial, senón á metade de Sanxenxo, en concreto a zona que abrangue desde Portonovo ata o límite con Poio. O importe total da obra rolda os catro millóns de euros.

    Desde Unión Fenosa aseguran que será posible cumprir o prazo de Semana Santa do vindeiro ano.

    Recibido o parque, o concello poderá comezar a outorgar as licencias de actividade ás empresas que xa están asentadas ou instalándose.

    Redacción Salnés