Sanidade afirma que non haberá ampliación de Montecelo

    xerente_chop_100.jpgVILAGARCÍA> A construción do novo Hospital pontevedrés de Monte Carrasco, segue a xerar polémica.

    {flowplayer}images/salnes/novo_hospital.flv{/flowplayer}

    Responsables da Delegación da Xunta en Pontevedra e a Plataforma en Defensa da Sanidade Pública do Salnés, defenden posturas diferentes e explican as súas opinións a través de conferencias á cidadanía.

    Dende a Plataforma rexeitan o que eles aseguran que é unha privatización que hipotecará durante moitos anos a xestión sanitaria de Galicia. A través dunha charla coloquio no Auditorio de Vilagarcía de Arousa, defenderon o anterior proxecto que investía cen millóns de euros na ampliación do actual Hospital de Montecelo. A alcaldesa de Vilagarcía, Dolores García, que interviña na charla, cualificou de política irracional e equivocada, a de Sanidade. E puxo exemplos lembrando a, segundo ela, mala xestión do Hospital do Salnés, a través dunha Fundación ou o traslado das analíticas a Pontevedra.

    Pola súa banda, o Salón de Actos da Cámara de Comercio vilagarciá, acollía a conferencia do Xerente do CHOP e a Xefa Territorial de Sanidade. Xa nos primeiros minutos da súa intervención, o Xerente do CHOP é firme e claro: definitivamente non haberá ampliación en Montecelo.

    Entre as vantaxes que resaltaron do novo hospital, están os mil seiscentos postos de traballo, o parking subterráneo de cincuenta mil metros cadrados, unha helisuperficie ou tres habitacións de parto con bañeira. Amais, aseguran rematar o caos de urxencias creando un espazo de case tres mil metros cadrados con noventa e tres postos de atención. Todo, aseguran, con fondos públicos.

    Tanto Sanidade coma Plataforma, seguirán ofrecendo charlas e conferencias explicando súas posturas. Mañá ás oito e media da noite, a Plataforma estará na Casa da Cultura Manuel Lueiro Rei no Grove.

    Redacción Salnés