BOIRO > O executivo boirés que preside Xosé Deira ten previsto iniciar o vindeiro luns, 9 de xaneiro, as obras de peonalización do segundo tramo da rúa Estatuto de Galicia, comprendido entre Severo Ochoa e Ramón Fernández Mato, dando así continuidade ó proxecto iniciado anteriormente na rúa Santos Mieites e no primeiro tramo de Estatuto de Galicia.
As obras, presupuestadas nuns 156 mil euros, son froito dun convenio urbanístico asinado entre o propio concello boirés e o Grupo Barbanza.
Coa finalidade de unifica-lo entorno e darlle continuidade ó actual paseo peonil da rúa Santos Mieites e no primeiro tramo de Estatuto de Galicia, o executivo boirés iniciará o vindeiro luns as obras de peonalización do segundo tramo da rúa Estatuto de Galicia, comprendido entre Severo Ochoa e Ramón Fernández Mato.
Esta actuación é posible grazas a un convenio urbanístico de colaboración asinado polo propio concello e o Grupo Inmobiliario Barbanza.
As obras de peonalización deste tramo son vistas con bos ollos pola maioría de comerciantes e veciños desta zona.
O goberno boirés pide tamén desculpas ós veciños e comerciantes da zona polas melestias que esta actuación poida causar, pero entende que é unha mellora que repercutirá positivamente no conxunto da cidadanía.
A intención do executivo local é continuar tamén coas obras de peonalización no resto da rúa Santos Mieites e parte de Pablo Iglesias, confiando en obter este ano unha subvención da Consellería de Industria para poder levar adiante este proxecto de humanización do casco urbano boirés.
Redacción Barbanza