BARBANZA> A Plataforma Stop Desafiuzamentos Barbanza presentou unha queixa ante a oficina do Defensor do Pobo pola preocupación existente a raíz da resolución do Ministerio de Xustiza de suspender o pago dos honorarios ós avogados designados por turno de oficio. Dende a entidade consideran que esta decisión vulnera dereitos recollidos na Constitución.
Entre outras cuestións, na queixa presentada aluden a que na maioría dos casos afectará a familias humildes, con escasos recursos, que se verán limitados na defensa dos seus dereitos ó non poder facer fronte a estes pagos a abogados e procuradores.
Dende a Plataforma informaron tamén de que remitiron escritos por este asunto ó Ministerio de Xustiza, ó Ministerio de Facenda e ó Consello Xeral do Poder Xudicial.