A ILLA > Anque pareza contradictorio, a moitos dos que mercaron este Nadal no pequeno comercio, o gasto estalles a dar grandes alegrías. Foi o caso das tres persoas que mercaron en comercios de A Illa e que se repartirán 1.000 euros en premios.
A Asociación de Empresarios de A Illa celebrou no salón de pleno do concello o Sorteo de Nadal. A gañador do primeiro premio, dotado con 500 euros, foi un comprador do establecemento Material de Construcción Otero. No seu ticket poñía só o seu nome de pila, Chicho. O segundo premiado, con 300 euros, foi Carmen Nieto que adquiriu o seu boleto en Autoservicio Esperanza, e a terceira afortunada, que mercou en Floristería Luguesa, foi Dolores Rial. Os gañadores recibirán imitacións de billetes de 10 euros polo valor total do premio que terán que canxear por compras nos distintos comercios de A Illa.
Redacción Salnés