NOIA> Marea de Noia denuncia a perda de numerosas subvencións pola mala xestión municipal. Destacan como principal exemplo o obradoiro de emprego que daría formación a uns vinte desempregados do municipio. A perda de douscentos mil euros para a execución dun obradoiro conxunto con Lousame non sería a única solicitude denegada por non ter entregado a documentación a tempo, segundo denuncia a Marea. Refírense tamén ó plan Hurbe, que permitiría a mellora da rúa Espírito Santo cunha achega de cento oitenta mil euros. Con respecto á contratación de persoal, a Marea denuncia tamén que o concello non dispón de subvencións para os técnicos de turismo, deporte ou mesmo os socorristas. A isto súmase, din dende a formación progresista, a falla de control sobre as actuacións xa orzamentadas como a eliminación de barreiras arquitectónicas na rúa República Arxentina, o saneamento da Barquiña ou as beirarrúas da Ponte de San Francisco.
Inicio Barbanza - Muros - Noia