Malestar entre os veciños pola actividade en probas de Calizas Mariñas

    BOIRO > A actividade da factoría ‘Calizas Mariñas’ situada no polígono industrial de Espiñeira segue a xerar diversas molestias para os veciños da zona. Ós malos cheiros hai que engadir o vertido de residuos á rede de subministro e a emisión de gases contaminantes. O executivo boirés xa decretara a paralización da actividade desta fábrica o pasado mes de agosto; actualmente atópase en fase de probas tras acometer unha serie de reformas no seu sistema de depuración.

    As melloras levadas a cabo pola dirección de Calizas Mariñas no sistema de eliminación de residuos da factoría non convence ós veciños do seu entorno que seguen a sufrir as molestas consecuencias derivadas da súa actividade.

    Actualmente esta industria, dedicada ó tratamento da cuncha do mexillón, atópase en fase de probas para comprobar o resultado das reformas. Sen embargo, os veciños denuncian que os malos cheiros seguen a ser frecuentes polo que é moi posible que non se procedera á implantación dun novo sistema de eliminación de gases e olores e que a factoría permanezca activa.

    Polo momento, o executivo non determinou a reanudación da actividade da empresa posto que ten que cumprir unha serie de requisitos de carácter sanitario e medio ambiental. Segundo explicou o alcalde, Xosé Deira, a empresa está paralizada e permanecerá nesta situación ata que presente un plan de mellora.

    Ante as protestas dos veciños e os informes da Policía Local e Protección Civil, o rexedor local asinou hoxe mesmo un novo decreto que reitera a prohibición de proseguri coa actividade.

    Redacción Barbanza