RIBEIRA> A conversión da nave de Cerqueira en espazo multiusos é a opción maioritaria suxerida pola cidadanía na enquisa promovida polo concello de Ribeira. Os resultados coinciden coa vontade do executivo así como cos intereses da asociación social e cultural de Bandourrío que sitúaña futura Cerqueira como eixo dinamizador do barrio.
A alcaldesa de Ribeira mantivo unha xuntanza coa asociación social e cultural de Bandourrío para analizar os resultados da enquisa sobre o futuro da nave de Cerqueira. A sondaxe, que rexistrou preto de 200 respostas, apunta como primeira opción a creación dun espazo multiusos que sirva de motor de actividade municipal e lugar de encontro veciñal e actividade asociativa. mariñeira da instalación como mostra do patrimonio industrial e conserveiro, preservando a súa singularidade arquitectónica.
Esta resposta maioritaria da cidadanía coincide coa proposta da asociación de Bandourrío para a recuperación e posta en valor deste espazo, apoiada por máis de dúas mil sinaturas. Demandan a súa dotación con equipamento municipal polivalente que permita acoller actividades sociais, culturais, formativas, deportivas e comerciais, de xeito que non se destine a un único uso.
Unha vez recollidas as achegas e postas en común as diferentes propostas, o seguinte paso será sacar a licitación a redacción do proxecto, previsiblemente no mes de setembro.











