A bandeira da diversidade lucirá de xeito permanente no estadio da Alta

A POBRA> As cores da diversidade xa locen no estadio da Alta da Pobra. Alí permanecerán de xeito permanente posto que foi pintada unha bandeira LGTBI nas gradas da instalación municipal para fomentar o respecto a través do deporte.

No marco das actividades promovidas polo concello da Pobra co gallo do Día do orgullo que se celebrou o pasado 28 de xuño, as concellerías de Igualdade e Deportes impulsaron unha acción conxunta.

Deste xeito, as cores da diversidade estarán presentes de xeito permanente no estadio da Alta co fin de fomentar o respecto e a tolerancia e dar visibilidade á liberdade sexual nun ámbito tan acaído como o deportivo para transmitir este tipo de valores.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí