O centrocampista Fran Rico ficha polo Pontevedra CF ata 2010

PONTEVEDRA > Fran Rico xa é xogador profesional do Pontevedra Club de Fútbol. Coa ficha na man, a entidade presentou o xoves ó centrocampista, que acaba de asinar contrato ata 2010. Fran cumpre un dos seus soños despois de defender a camiseta granate como cadete e xuvenil desde a tempada 2002-2003.

O Pontevedra Club de Fútbol presentou o xoves o seu novo reforzo invernal. Fran Rico dispón xa de ficha profesional e acaba de asinar contrato ata 2010 para incorporarse ó primeiro equipo. O centrocampista procede da canteira granate. Arribou ó club pontevedrés na tempada 2002-2003 sendo cadete de segundo ano e na actualidade combinaba o adestramento diario co primeiro equipo e competía no equipo de División de Honra xuvenil. Esta tempada xa debutou en segunda B baixo as ordes de Alberto Argibay, pero o propio técnico o animou a seguir pelexando duro para ter un oco no once titular. 

 

Coa incorporación de Fran, o cupo dos seis xogadores sub-23 volve a estar cuberto. Segundo confirmou o presidente Nino Mirón, a secretaría técnica do club segue estudiando novas fichaxes pero negouse a aportar ningún nome.

Redacción Salnés