O BNG retirase da comisión de urbanismo do PXOM de O Grove

    O GROVE > O grupo nacionalista, escribe un novo capítulo na polémica do PXOM meco xa que decidiu en asemblea retirarse da comisión de urbanismo xa que ó seu parecer o alcalde mantén dende o mes de setembro unha actitude de desleixamento  neste proxecto rompendo en moitas ocasións as regras  do xogo.

    O Bloque Nacionalista de O Grove non continuará na comisión de urbanismo do PXOM. Así o decidiu en asemblea tras comprobar o  que segundo a súa opinión é un desleixamento do alcalde e unha incapacidade do dirixente meco para acelerar a súa aprobación. Do mesmo xeito os nacionalistas denuncian que seguen presentándose convenios de promotoras nas poucas comisións que se desenvolven.

    Este partido cre que todo o que está sucedendo co PXOM é unha tomadura de pelo do partido popular aínda que se  alegra de  haber conseguido unha segunda exposición pública.

    Finalmente os nacionalistas seguirán estando a disposición do pobo meco. Aínda que non continúen asistindo as comisións presentarán as súas alegacións nos plenos e nas xuntanzas urbanísticas oficiais.

    Redacción Salnés