Ricardo Fernández destituído como técnico do Portonovo

SANXENXO> A directiva decidíu prescindir dos seus servicios dados os malos resultados acadados polo equipo no inicio ligueiro. Jacobo Molina postúlase como o seu substituto.

Saltou a nova que moitos agardaban dende hai días, a destitución de Ricardo Fernández como adesatrador do Portonovo.

Sete foron as xornadas que durou o técnico de Mosteiro ó fronte do equipo de Baltar. Os pobres resultados e o mal xogo exposto polo equipo neste arranque ligueiro levaron á directiva a tomar esta decisión e destituír a Ricardo. Xunto a el marcharse o seu preparador físico Santi Serantes.

E a rei morto rei posto. O seu substituo será tamén un debutante na Terceira División. O seu nome, Jacobo Molina, un adestrador xoven con experiencia fundamentalmente en categoría xuvenil onde dirixíu en División de Honra ó Rápido de Bouzas e o Pontevedra.

Redacción Salnés