Os pequenos teñen unha cita co atletismo en Campelo

 POIO> A concelleira de deportes de Poio Margarita Caldas presentou esta mañá o Maratón de Fátima Campelo. Unha proba dirixida ós máis pequenos da casa, que se celebrará este vindeiro sábado e que promete reunir a máis dun cento de participantes.

{flowplayer}images/salnes/PtacMaratonCampelo_080513.flv{/flowplayer} 

Tras celebrar en 2012 as súas vodas de prata, o Maratón de Fátima-Campelo cumpre a súa edición número 26 tan vivo coma sempre. O evento pretende reunir a un cento de rapaces do municipio que se animen a formar parte dun día ó redor do deporte, neste caso o sábado ás 17 horas e co atletismo como escusa. A proba está organizada pola Asociación de Veciños de Campelo e forma parte dos actos de celebración da súa patrona, a Virxe de Fátima. 

No maratón poderán participar rapaces de entre 6 e 16 anos, que serán logo divididos por categorías conforme á súa idade. As carreiras desenvolveranse no entorno da Praza da Granxa, onde tamén quedará habilitada unha zona multideporte para o desfrute dos máis pequenos, nenos de ata tres anos.

A organización entregará medallas a tódolos participantes e sorteará bicicletas, patíns e diverso material deportivo.

Redacción Salnés