COMARCAS > Os protagonistas desta noticia son dous rapaces de once anos. Noelia Pintos, de Vilanova, e Fernando Lareu, de Pontevedra, son os primeiros rapaces de Galicia en acadar a categoría C en Xuvenil. Esta fin de semana compiten en Barcelona e tralo concurso farán unha exhibición no programa ‘Mira quien baila’ de TVE.
Teñen once anos e levan bailando dende hai máis de tres. Esta pequena parella composta por Noelia Pintos, de Vilanova de Arousa, e Fernando Lareu, de Pontevedra son unha soa persoa cando se trata de poñerse a bailar. Dous cativos que acadaron a máxima categoría na súa idade e que comezaron neste mundo case por casualidade.
E aquí están e tan ben que o fan para deleite propio, de quen os ve bailar e, como non, para orgullo dos seus pais. Pero aprender a convivir non o é todo e iso ben o sabe o seu profesor, Miguel Abreu, que leva dándolles clase dende os comezos como parella e que considera que cada un dá á parella un punto distinto de equilibrio.
De que son bos non cabe dúbida e nós desexámoslle o mellor a esta pequena parella de bailaríns que, de seguro, han dar moito que falar aínda.
Redacción Salnés