Unha expo no IES Asorey lembra a desastre do Prestige

    CAMBADOS> Tal día como hoxe, un 13 de novembro naufragaba o petroleiro Prestige nas costas galegas…

    {flowplayer}images/salnes/expo_asorey_aniversario_prestige.flv{/flowplayer}

    … cunha perigosa carga a bordo e cunhas medidas de seguridade insuficientes que supoñían, como logo os feitos demostraron, un grave risco para a biodiversidade galega.

    Este nefasto exemplo é recordado para que non volva a repetirse nas clases de bioloxía do Instituto Asorey de Cambados. Nos corredores do centro os alumnos poden comprobar ó detalle o devir dos feitos do que foi a grande catástrofe medioambiental do noso país.

    E é que a catástrofe do Prestige foi vivida con moita intensidade polo alumnado deste centro que demandaba moita información e quería expresar de mil xeitos a súa inquedanza ó respecto.

    Desde o primeiro momento comezouse a recompilar canto se publicaba nos medios de dentro e fóra do país, e esta escolma e á que se publica hoxe para recordo do que a viviron en primeira persoa e para coñecemento dos que non estaban daquela.

    Esta mostra culminará cun acto a vindeira semana no que colaborarán varias asociacións e profesionais, entre eles os fotógrafos da comarca cas súas instantáneas. Tanto a exposición como este evento final son abertos ó público.

    Redacción Salnés