As Letras son as grandes protagonistas da primavera cultural de Cambados

    CAMBADOS> O concello de Cambados presentou esta mañá a súa programación cultural para esta primavera. Unha oferta heteroxénea, cunha relevancia especial para as letras, e pensada para público de tódalas idades. Teatro, música, deporte, obradoiros para tódalas idades… o programa cultural de actividades do concello de Cambados para esta primavera, parece non ter fin. Desde o 20 de marzo e ata finais de xuño os cambadeses poderán gozar dun sen fin de eventos que encherán de vida a vila. Unha programación transversal que centrará a súa mirada, sobre todo nos meses de abril e maior, nas letras. Importante tamén nesta primavera cultural de Cambados serán as actividades para distintos sectores de idade. A presenza da muller na cultura será outro eido a destacar, e tal como explicou esta mañá o concelleiro desta materia, o deporte terán tamén un papel destacado na programación, sobre todo, a partir do mes de maio. Desde o concello afirman, que aínda que a cantidade de actividades programa é tan extensa, aínda non están todas concretadas, e por exemplo, para o día das Letras Galegas sumaránse novas iniciativas culturais a esta programación. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/03marzo/23/presentacion_primavera_cultural_cambados_23032017_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/03marzo/23/presentacion_primavera_cultural_cambados_23032017.mxf.mp4{/flowplayer}