O BNG informa ós adegueiros das accións que realiza sobre a OCM do viño

    bng_adegueiros100_100708_copy.jpgCAMBADOS > O BNG consultou onte cos adegueiros do Salnés as preocupacións do sector con respecto á nova OCM do viño.

    {flowplayer}images/salnes/bng_adegueiros.flv{/flowplayer}

    CAMBADOS > O BNG reuniuse onte con adegueiros do Salnés para informalos das accións realizadas ata o momento tanto no Congreso como no Senado con respecto á nova OCM do viño. En Cambados estiveron a deputada Olaia Fernández e o senador Xosé Manuel Pérez, que consideran esencial que no novo reparto de fondos europeos se teña en conta o traballo que realizan as cinco denominacións de orixe de viño que hai en Galicia, e que representa o dez por cento da producción de España.

    O BNG recolleu tamén as suxestións que lles formularon os asistentes e que trasladarán logo ó Congreso para que se teñan en conta nas negociacións da nova OCM do viño. Os nacionalistas cren que este tipo de encontros son necesarios dada a preocupación que suscita a nova OCM no sector.

    Redacción Salnés