PONTEVEDRA > Os veciños do edificio Torrado de Pontevedra recibiron un bo susto ó escoitar arredor da unha da tarde unha forte explosión no piso cuarto. Aínda que o estoupido desfixo a cociña do inmoble non houbo que lamentar feridos de gravidade.
Arredor da unha da tarde unha forte explosión alarmaba ós veciños do Edificio Torrado no barrio de Campo Longo en Pontevedra. A cociña dun dos pisos do cuarto andar quedaba completamente desfeita a causa dun escape de gas propano. Neses intres dúas mulleres atopábanse nese lugar facendo a comida, aínda que non sufriron feridas de gravidade. O fillo dunha delas, Francisco Abollado, comentou o sucedido.
Aínda co susto no corpo, os propietarios da vivenda non se poden crer o ocorrido. Fai un mes chamaron a compañía Repsol para comproba-la instalación xa que percibían un forte cheiro a gas. O instalador certificou que todo estaba en orde. Esta semana producíase a explosión que puido rematar en desgraza.
Bombeiros, Protección Civil e Policía Local acudiron ó lugar dos feitos con moita rapidez aínda que os técnicos non deron sinais de vida en toda a mañá. Agora a familia tomara accións legais contra unha empresa por un accidente que puido custarlles a vida.
Redacción Salnés