CALDAS DE REIS> En 1943 nace CLESA en España coa instalación de unha central leiteira en Madrid. Trinta e seis anos máis tarde a empresa instálase en Galicia coa inauguración dunha planta en Caldas de Reis. Hoxe a empresa pertencente o grupo Parmalat e constitúe un referente social e económico na comarca dos Vales Ulla- Umia. Deste xeito un dos premios AEVU 2.006 será outorgada a CLESA o vindeiro venres.
En 1940 a explotación agropecuaria Bascones afincada en Lerma abastecía de leite a cidade de Burgos contando xa en aquela época coas instalacións máis modernas do mercado. Catorce anos despois constitúese CELEBUSA, Central Leiteira de Burgos, e en 1943 constitúese CLESA coa instalación dunha central leiteira en Madrid. O crecemento desta empresa parecía imparable e en 1973 iniciase a comercialización de productos en Galicia, inaugurando unha nova central en Caldas de Reis en 1975.
A planta afincada nos vales do Ulla e Umia constituíu dende aquela un impulso moi importante tanto no ámbito económico como social. Fai uns anos CLESA pasa a formar parte do grupo italiano Parmalat sendo un referente xa a nivel internacional. Hoxe a fábrica en Caldas da emprego directo a 120 traballadores e conta con 30 persoas dedicadas a labores comerciais en toda a comunidade.
O premio da asociación de empresarios dos vales Ulla- Umia supón un recoñecemento máis a labor que levan desenvolvendo dende fai anos na sociedade. Deste xeito e ademais dos empregos fixos creados, CLESA é un referente para no deporte base e nas asociacións sociais da comarca.
Redacción Salnés